JUEGOS FLORALES

 

 

XX JUEGOS FLORALES
MARÍA PITA 2011

PREMIO EN CATEGORÍA SENIOR

* * *

 

 

XEOGRAFÍA BIBLIOGRÁFICA

por María López Correa

Amante, amor, amada...
políglota da miña propia lingua
e do meu ventre seco de sarabia,
enredada en palabras e verbos en acción
que miran de esguello a xénese
deste abecedario biográfico de muller.1

Amante, amor, amada...
doutora2 de exóticas3 madexas4 polisémicas
e crimes acontecidos á beira da mar5 calma
lingüista muda nunha guerra6 de vocablos
que agroman das engurras da miña pel
tatuada coas crónicas desta revolución.7

Amante, amor, amada...
semántica olvidada ante o triunfo do amor8
e con el as miñas eternas9 entrañas,
fillas desta viaxe de aventuras10
de episodios xustapostos de guerra11
e valor e medo12 aniñando no meu corazón.

Amante, amor, amada...
bioloxía inocente de nacementos
e reinado13 efímero nesta corte de zares14
- bandida15, irredenta, allea -
dona dun pecado16 olvidado de varóns
e indefensa dos teus amores e confidencias.17

Amante, amor, amada...
sintaxe desta vida18 que me resta
e idilio epistolar19
entre a miña lingua e as túas verbas,
con frases xacentes nas catacumbas20 do meu peito
e o martirio21 de saborear
as gramáticas doutros beizos...
...amante, amor, amada.

 

1. La mujer española en el extranjero (1910)
2. El doctor Wolski (1920)
3. Exóticas (1913)
4. La madeja (1913)
5. El crimen de Beira-mar (1914)
6. De la guerra: crónicas de Polonia y Rusia (1916)
7. De la revolución rusa en 1917 (1917)
y
     La revolución bolchevista (1920)
8. Triunfo de amor (1919)
9. Lo eterno (1920)
10. Viajes y aventuras de una muñeca española en Rusia (1920)
11. Episodio de guerra (1921)
12. Valor y miedo (1922)
13. El dolor de reinar(1925)
14. En la corte de los zares (1924)
15. Kola el bandido (1923)
16. El pecado (1926)
17. Amores y confidencias (1927)
18. Como en la vida (1931)
19. Idilio epistolar (1931)
20. Las catacumbas de Rusia Roja (1933)
21. El martirio de Polonia (1945)

* * *

 

 

Volver a la página principal